A ver cando quedamos para quedarnos. Aínda me temblas o corpo.
CHUSKA.
jueves, 28 de septiembre de 2017
22:44
Dixen non sei sabéndoo todo.
Pedín perdón por todo, pero eu non me perdoo.
Dixen nunca máis, e mírame.
CHUSKA.
Pedín perdón por todo, pero eu non me perdoo.
Dixen nunca máis, e mírame.
CHUSKA.
miércoles, 27 de septiembre de 2017
22:10
Namoreime dunha mentira.
Dunha mentira que, ao mesmo tempo, era o único real que tiña na miña vida.
CHUSKA.
22:05
-Non eran, nin de cerca, os ollos máis
bonitos do mundo, pero eran os únicos que eu desexaba ver.
Fuches a maneira máis
triste e bonita que tivo a vida de dicirme que non se pode telo todo.
CHUSKA.
lunes, 25 de septiembre de 2017
23:26
Todo está baixo control. Todo menos eu.
Dende que deixaches de decirme "ven", non sei cara onde ir.
CHUSKA.
Dende que deixaches de decirme "ven", non sei cara onde ir.
CHUSKA.
23:23
Morremos por atopar persoas ("perfectas") que nos maten.
Nada se esquence. Non somos capaces. Tan só o volvemos invisibel.
CHUSKA.
Nada se esquence. Non somos capaces. Tan só o volvemos invisibel.
CHUSKA.
23:18
Que bonito sae todo cando ti entras. Que desastre (eu) cando ti saes.
Poño sorrisos onde non me collen balas.
CHUSKA.
Poño sorrisos onde non me collen balas.
CHUSKA.
23:13
É música feita persoa. E non o sabe.
Que pracer escoitarte cando non me quedan letras.
CHUSKA.
Que pracer escoitarte cando non me quedan letras.
CHUSKA.
sábado, 23 de septiembre de 2017
viernes, 22 de septiembre de 2017
jueves, 21 de septiembre de 2017
TRES.
Por que pregunto onde estás,
se non estou cega,
se non estás ausente?
Se te vexo
ir e vir de min,
a ti e a cada
cóxega perdida
que remata esnaquizada,
como en fume remata
a chama do noso amor.
Fugaz, imposible de alcanzar.
E non falo do fume,
falo de nós, de ti.
Que me abrías os teus brazos
amosándome as portas
do meu fogar, aquel que
creabas coa túa presenza.
Esa da que tan só eu me decataba.
Agora comprendo que a palabra amar,
contén unha gran inmensidade
que nos separa.
Adiante, podes empurrarme para o precipicio,
non me importa
quero voar lonxe de ti.
Buscaba razóns para seguir vivindo e atopeite a ti. E xa non estás. Non sabía que existían cousas tan bonitas que fixeran tanto dano. Non existe NADA que me deteriore, xa non podo estalo máis.
Quitáchesme as ganas (de todo).
CHUSKA.
DOUS.
Estou soa
no medio de nada,
unha nada que,
o é absolutamente todo.
Tan só escoito silencio.
Sigo soa
no medio de todo,
que acaba sendo a nada,
o meu fogar.
Tan só escoito o latir das árbores.
Soa,
nesta gran inmensidade,
onde reina a autonomía,
pero máis a soidade.
Tan só escoito o respiro das almas.
Almas libres que,
coma min,
quedaron abandonadas,
nesta pequena pero,
gran vastidade.
Sigo soa. Que alguén me busque, e me encontre (a min mesma).
CHUSKA.
UN.
O son da chuvia ábreme a mente,
o seu ruído recórdame
ao das pegadas que,
deixaches no meu corazón.
Noto millóns de miradas
sobre o meu rostro
que buscan, sen éxito,
a receita da bondade
que escasea tanto
nas almas perdidas desta
sociedade, sen apenas humanidade.
Noto tamén miles de folgos
sen esforzos, por ningunha causa,
influenciados por miles de mentes
enfermas, con tan só un oficio,
o da destrución, o das guerras.
Ti (humano) deixaches
dentro de min (do mundo),
miles de pegadas, sen cura.
Miles de respostas, sen preguntas.
Miles de mortes, sen remedio.
Miles de almas sen culpa,
que vagan sen rumbo, e
miles de monstros con todo o delito
que avanzan firmes e violentos
baixo esta chuvia,
froito da desconformidade e
da consternación das ánimas
culpables, sen culpa ningunha.
O mundo non está morrendo, está sendo asasinado, pero aínda queda xente boa.
SE ERES INCAPAZ DE ATOPALA, SE TI MESMO UNHA.
CHUSKA.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)