jueves, 21 de septiembre de 2017

UN.

O son da chuvia ábreme a mente,
o seu ruído recórdame
ao das pegadas que,
deixaches no meu corazón.


Noto millóns de miradas
sobre o meu rostro
que buscan, sen éxito,
a receita da bondade
que escasea tanto
nas almas perdidas desta
sociedade, sen apenas humanidade.


Noto tamén miles de folgos
sen esforzos, por ningunha causa,
influenciados por miles de mentes
enfermas, con tan só un oficio,
o da destrución, o das guerras.


Ti (humano) deixaches
dentro de min (do mundo),
miles de pegadas, sen cura.
Miles de respostas, sen preguntas.
Miles de mortes, sen remedio.
Miles de almas sen culpa,
que vagan sen rumbo, e
miles de monstros con todo o delito
que avanzan firmes e violentos
baixo esta chuvia,
froito da desconformidade e
da consternación das ánimas
culpables, sen culpa ningunha.


O mundo non está morrendo, está sendo asasinado, pero aínda queda xente boa.

SE ERES INCAPAZ DE ATOPALA, SE TI MESMO UNHA.


CHUSKA.







No hay comentarios:

Publicar un comentario