jueves, 21 de septiembre de 2017

TRES.

Por que pregunto onde estás,
se non estou cega,
se non estás ausente?
Se te vexo
ir e vir de min,
a ti e a cada
cóxega perdida
que remata esnaquizada,
como en fume remata
a chama do noso amor.
Fugaz, imposible de alcanzar.
E non falo do fume,
falo de nós, de ti.
Que me abrías os teus brazos
amosándome as portas
do meu fogar, aquel que
creabas coa túa presenza.
Esa da que tan só eu me decataba.
Agora comprendo que a palabra amar,
contén unha gran inmensidade
que nos separa.
Adiante, podes empurrarme para o precipicio,
non me importa


quero voar lonxe de ti.





Buscaba razóns para seguir vivindo e atopeite a ti. E xa non estás. Non sabía que existían cousas tan bonitas que fixeran tanto dano. Non existe NADA que me deteriore, xa non podo estalo máis.


Quitáchesme as ganas (de todo).



                                                                                                                   CHUSKA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario