DOUS.
Estou soa
no medio de nada,
unha nada que,
o é absolutamente todo.
Tan só escoito silencio.
Sigo soa
no medio de todo,
que acaba sendo a nada,
o meu fogar.
Tan só escoito o latir das árbores.
Soa,
nesta gran inmensidade,
onde reina a autonomía,
pero máis a soidade.
Tan só escoito o respiro das almas.
Almas libres que,
coma min,
quedaron abandonadas,
nesta pequena pero,
gran vastidade.
Sigo soa. Que alguén me busque, e me encontre (a min mesma).
CHUSKA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario